Observaciones |
|
|
O Auditorio de Vilagarcía acollerá entre os meses de outubro e decembro as sete obras que compoñen o Ciclo de Outono de Teatro Galego, iniciativa que trae ó municipio vilagarciá sete das montaxes que máis premios e representacións teñen acadado neste 2010 da man das mellores compañías galegas de teatro.
“Limpeza de sangue” foi a obra gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais do ano 2005 e Premio Nacional de Literatura Dramática do 2007.
A compañía Espello Cóncavo asumiu o reto de poñela en escena baixo a dirección de Arturo López e cun elenco de actores formado por Sergio Zerraeta, Oswaldo Digón, Xavier Pan, Fernando Morán, Xoán Carlos Mejuto, Teresa Horro, Estíbaliz Veiga, Arturo López e Rodrigo Roel.
Fernando e Pantaleón, procedentes de mundos aparentemente opostos, coinciden á espera dun transplante ou do inevitable pasamento, na sala de diálise dun hospital. Igualados pola situación e obrigados a facerse mutua compañía, ven nacer unha amizade inimaxinable. |