Observaciones |
|
|
O Auditorio Municipal acolle unha nova edición do Lectoriño, a mostra do libro infantil e xuvenil que este ano amplía contidos con actos de carácter máis lúdico, actividades orientadas ao público adulto e con exposición de xogos populares e xoguetes antigos. Trece editoriais participan na mostra e presentan nela as súas últimas novidades.
PROGRAMA
Mércores 23 de abril: Exposición de literatura infantil e xuvenil. Presentación das últimas novidades editoriais na Sala de Conferencias. 17:30 horas. Apertura da exposición e inauguración. 18:00 horas. Club Galexogo: obradoiro de xogos populares. 19:30 horas. Actuación do grupo Mamacabra.
Xoves, 24 de abril: Exposición de literatura infantil e xuvenil. Presentación das últimas novidades editoriais na Sala de Conferencias. 17:30 horas. Club Galexogo. Obradoiro de xogos populares. 19:00 horas. Presentación do disco-libro PeloGato 24 por iniciativa do colectivo Casaescola.
Venres, 25 de abril: Exposición de literatura infantil e xuvenil. Presentación das últimas novidades editoriais na Sala de Conferencias. 17:30 horas. Club Galexogo: obradoiro de xogos populares; Reciclaxogo. Obradoiro de xoguetes con material de refugallo. 19:00 horas. Cóntoche unha historia de… Animais! 19:30 horas. Facemos…. “calcetíns parlanchíns” (Obradoiro de monicreques).
Sábado, 26 de abril: Exposición de literatura infantil e xuvenil. Presentación das últimas novidades editoriais na Sala de Conferencias. 10: 00-14:00 horas. Presentación do colectivo Casaescola Obradoiro “Xogando a ser eu”, a cargo de Manuel Solla Barragás. Destinado a pais, nais, educadores/as. Previa inscrición no 986 099 200 extensión 224. De forma paralela celebrarase un obradoiro infantil para que os pais poidan asistir á actividade de adultos e deixar aos nenos divertíndose. 17:30 horas. Club Galexogo: obradoiro de xogos populares. 18:30 horas. Cóntoche unha historia de … Medo! 19:30 horas. Espectáculo de maxia.
Domingo, 27 de abril: Exposición de literatura infantil e xuvenil. Presentación das últimas novidades editoriais na Sala de Conferencias. 17:30 horas. Club Galexogo. 18:30 horas. O show dos paiasos.
E todos os días: Exposicións de Xoguetes Antigos do Museo Galego do Xoguete Mostra de Xogos Populares da asociación Cultural de Xogos Populares O Cadaval |