Observaciones |
|
|
Foron os grandes triunfadores da edición de 2008 do Vilagarcía Blues Festival, osque máis aplausos se gañaron, os que puxeron irremediablemente a bailar a todo o público da Alameda. E por iso repiten este ano. Como repetiron no festival de jazz de San Sebastián. Por aclamación popular. Os irmáns Campbell propoñen un gospel tamizado pola presenza de instrumentos en principio atípicos ao xénero como o pedal steel guitar.
Check Campbell é guitarrista desta especialidade e o seu irmán Darick son dous dos máis sobresalientes músicos neste campo. Estes dous irmáns dirixiron a banda durante dúas décadas e encabezan unha sección de ritmo moi enérxica con Phil Campbell na guitarra eléctrica e o seu fillo Carlton na batería. As voces de Katie Jackson e Denise Brown, ademais do baixo de Malcolm Kirby, completan esta harmonía que é The Campbell Brothers.
Posuidores dun dos directos máis contundentes da actualidade, os Campbell arrasan por alá onde pasan coa súa vigorosa combinación de música gospel tradicional e vocais e guitarras eléctricas. Porque despois de 20 anos tocando xuntos, os seus shows son unha apoteose de enerxía en mans dun xénero do que deviñeron estándares: o sacred steel.
Ademais do festival de Jazz de San Sebastián, no que actuaron en varias edicións, teñen ofrecido concertos no Palau de la Música de Barcelona, nos Veranos de la Villa de Madrid ou no Festival de Peralada, por citar algúsn significativos exemplos.
Os seus directos convértense en apoteoses de sons, voces e ritmos únicos, até o punto que deles se escribiu que son “diferentes de calquera cousa que ouzades”. Hai que velos. |