Observaciones |
|
|
A compañía Sapristi combina diversas disciplinas das artes escénicas (teatro, danza e música) para representar esta orixinal versión do "Alicia no país das marabillas" de Lewis Carroll coa que a Concellería de Cukltura inaugura o ciclo de títeres e teatro infantil de nadal "Unha merenda de Alicias" sitúase no día catro, ás seis, cando, segundo din os reloxos do xogo, dúas Alicias xúntanse para merendar. Primeiro poñen a mesa e logo esperan aos convidados. As actrices, os bonecos e os obxectos, propios dunha mesa posta para a merenda, interaccionan entre eles, dando lugar a situacións e personaxes do conto. Flores que falan dos seus medos, Humty Dumpty e os seus regalos de in-aniversario, o coello branco que sempre está apurado porque chega tarde e ata a mesma Raíña de Corazóns, disposta a cortarlle a cabeza a quen a contradiga. |