Observaciones |
|
|
O grupo Argallada presenta “Comedia Bífida” dentro dos actos de Normalización Lingüística desenvolvidos pola Concellería de Cultura.
O público asiste a catro xuízos moi especiais Son catro xuízos nos que se xulga o emprego que da lingua facemos os galegos, que nos vemos representados en catro esterotipos ben diferenciados.
Son situacións que vivimos a diario en relación coa nosa lingua e que poñen en evidencia moitos ds prexuízos máis comúns a través das preguntas da acusación (Lucifer) e da defensa (Anxos Pimentel e Lindomel) moderados por un San Pedro que non entende nada, e baixo a poderosa mirada do que todo o ve.
O Grupo Argallada promete sacar máis dun sorriso e máis dunha gargallada, xa que a obra, como ben di o título, presenta todo esto en clave de comedia, aínda que tras o risos e sorrisos, tamén se agarda deixar un espazo á reflexión. |