Observaciones |
|
|
Cunha colección de máis de oitenta pezas entre bronces, xesos orixinais, debuxos ou gouaches, organízase a primeira grande exposición do escultor Cristino Mallo (Tui, 1905 – Madrid, 1989), a través dun percorrido entre a delicadeza e tenrura das súas temáticas habituais, e a rotundidade formal, case monumentalidade en miniatura, da súa técnica escultórica. O punto de partida da exposición é un extracto de peza e materiais recuperados pola familia do artista no seu estudio de Madrid.
Cristino Mallo naceu en Tui en 1905, pero pronto se trasladou á cidade asturiana de Avilés, donde comezou a súa formación como artista, asistiendo á Escola de Artes e Oficios. Anos más tarde trasladouse a Madrid, donde asistiu á Escola de Bela Artes de San Fernando e á Escola de Artes e Oficios ata terminar os seus estudios en 1927. Tamén foi na capital onde desenvolveu a súa carreira artística.
O seu primeiro encargo importante foi unha lápida conmemorativa para Manuel Ventura Figueroa, fundador do Hospital Real de Santiago de Compostela. Desde ese momento e ata o seu falecemento, en 1989, recibiu numerosos recoñecementos, como o Premio Nacional de Escultura en 1933 pola súa magnífica obra en mármore branco “Espido en Peixe”. Na nacional de Belas Artes de 1952 gaña a terceira medalla en debuxo e en 1954 consegue a primeira, en escultura. Foi elixido membro de número da Real Academia de San Fernando, aínda que despois rexeitou o cargo, e obtivo a Medalla de Ouro de Belas Artes en 1983.
A mostra sobre Cristino Mallo chega a Vilagarcía da man do convenio Concello-Caixanova. |