|
A compañía Viravolta Títeres represneta o conto popular ruso "Historia dun soldado" nunha montaxe de sombras con música de Igor Stravinsky interpretada en directo. O espectáculo adapta dous contos populares rusos recollidos por Afanasiev. “Historia dun soldado” conta o que lle ocorre a un soldado de permiso que, de camiño ao seu fogar, atópase co mesmo Demo. Este proponlle cambiar o violín do soldado por un libro marabilloso, engano que ao que o protagonista sucumbe, perdendo tres anos da súa vida e converténdose nun desertor.