|
A compañía Tanttaka Teatro trasládanos os anos da posguerra, onde un grupo de rapaces ábrense á vida nun clima represor, marcado pola brutalidade do sistema educativo. Cinco actores adultos representan os personaxes infantís, cada un coa súa propia idisincrasia e experiencia vital que lle axuda a enfrontarse á dura realidade. Nodos, cancións, tebeos, etc. forman tamén parte desa realidade que hoxe semella lonxana, pero que viviron en primeira persoa moitas xeracións dos que hoxe son adultos.