Observaciones |
|
|
A Asociación de Axuda ao Pobo Saharaui organiza,coa colaboración do Concello e varias casas comerciais, un Concerto Solidario en prol do Pobo Saharaui. No cartel deste gran festival figuran a banda de percusionistas, Trópico de Grelos, que tocan ritmos afro brasileiros; La Sonora, grupo liderado polo televisivo Paco Lodeiro que versiona temas de onte, hoxe e sempre; a Banda Pontenkim, co seu característico folk balcánico; Tarú e os Paxaros de Coiro, co inimitable reagge galego; as danzas orientais e tradicionais de Shanga Noeda e o baile rexional autóctono da Asociación Cultural Dorna da Illa de Arousa. A presentación do acto correrá da man do inimitable Xurxo Souto, o que fora cantante dos Diplomáticos de Monte Alto, e contará coas intervencións do actor Xulio Abonjo, da serie de televisión "Cuestión de Sexo" e do cantautor galego Chus Silva. O festival celebrarase no exterior do Auditorio Municipal |