Observaciones |
|
|
O poeta e rapsoda vigués Carlos Oroza presenta un novo espectáculo, basado nunha das súas máis coñecidas obras, Eléncar, escrita en 1974. Oroza exercerá de rapsoda acompañado por unha serie de vídeopoemas realizados polo artista plástico vigués Carlos Bugallo. O resultado, según detallou a crítica trala estrea que tivo lugar no auditorio Caixanova de Vigo en novembro de 2009, é “un espectáculo sobrecolledor que ten como principal protagonista ao poeta, pero que engade unha vanguardista arquitectura escénica”. Un espectáculo que revela na súa plenitude a xenuina identidade do poeta “na súa oralidade, no seu recitado intenso e salmódico” Estes vídeopoemas, definidos por Vilas Bugallo como “espellismos dixitales” acompañan a voz do poeta durante boa parte do recital. Un recital que remata cunha, ata o de agora inédita gravación realizada en 1965, con Carlos Oroza interpretando o poema Malú coa música de Pedro Ruy Blas e o grupo Eclipse. Carlos Oroza é unha figura singular no mundo das letras. Nacido en Viveiro (Lugo) en 1933 desenvolveu a maior parte da súa actividade en Vigo. Pouco dado aos actos públicos proclámase defensor a ultranza da oralidade como vehículo de expresión da súa obra. A súa obra figura na antoloxía “Ocho poetas raros” editado en Madrid en 1993. Na súa traxectoria destacan actuacións en eventos tan dispares como o Festimad 96 ou o Festival Internacional de Poesía Ciudda de Barcelona, entre moitos outros. |