|
Con máis de 40.000 espectadores nas salas de cine ‘Pradolongo’ converteuse xa na película galega máis vista de todos os tempos. Dirixida por Ignacio Vilar e interpretada por Rubén Riós, Tamara Canosa, Roberto Porto, Mela Casal e Gonzalo Rei Chao, ‘Pradolongo’ é un filme sobre a perda da amizade. É a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorarse a súa amizade na medida en que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas.