|
A Asociación Micolóxica A Cantarela organiza o tradicional ciclo de conferencias dentro do programa do Outono Micolóxico e a XXVI Semana Micolóxica Galega.
“Os cogomelos e as árbores” é o titulo da conferencia coa que se clausura este ano o Ciclo de Conferencias do Outono Micolóxico. O encargado de impartir este relatorio será Saúl de la Peña Lastra, Técnico Superior en Aproveitamento dos recursos Naturais e Paisaxísticos.