_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | Teatro - Extrarradios
Programa
  | Rede Galega de Teatros e Auditorios
Fecha Inicio
  | 14/02/2009
Fecha Fin
  | 14/02/2009
Horario
  | 21:00
Lugar
  | Auditorio
Precio
  | 5 / 4 / 3 euros
Venta
  | www.caixanova.es
Observaciones
 
| Comedia urbana, aínda que marxinal, sobre o froitífero encontro de dúas mulleres singulares: unha mendiga chegada ao punto de maior degradación, e unha puta de estrada barata e acabada, que disputan o seu espazo vital, a parada abandonada do bus 108. Nos límites imprecisos da cidade, e posiblemente tamén da realidade, móvense estes personaxes que, a pesar da súa lateralidade, manteñen o seu dereito a ser felices. Se cadra, todo podería acontecer doutro xeito, pero elas asumen cunha dignidade túzara a parte que lles tocou vivir. A casualidade fai que Raquel, a puta de estrada, e a mendiga se atopen. Transitan uns espazos onde o encontro era posible e, unha vez que este se dá, acontece como nesas asociacións interesadas de animais de distinta natureza que, complementándose, conviven.

A súa asociación non dá como resultado a suma das súas posibilidades, senón que xera un novo ser distinto dos sumandos, con características e potencialidades nunca sospeitadas. A súa casual sociedade confírelles unha nova e brutal natureza que desenvolveran en toda a súa capacidade destrutora. Efectivamente, a mendiga e Raquel son, seguramente sen ser conscientes disto, mulleres desamparadas, colocadas no lugar menos favorecido da vida, unha porque é o lugar que lle corresponde nesa ruleta cega do destino, a outra por chegar a el no seu propio proceso de degradación. Atópanse, as dúas, no chanzo máis baixo da baixada aos infernos. Non obstante, acomódanse nel e deciden vivir ou, no seu caso, sobrevivir asumindo a súa situación coa calma que lles confire a súa humana natureza. E nós observámolas pola lente do microscopio do escenario, cun sorriso tenro sospeitando, ao tempo, que estamos máis reflectidos nelas do que parece aparentar.

Espectáculo producido por Teatro do Noroeste.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Feb 2009  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -