Observaciones |
|
|
“As nosas palabras, os nosos mundos” fai un percorrido suxestivo pola historia da lingua galega e achega o visitante á vitalidade do galego na actualidade, a través de diferentes soportes gráficos, sonoros e audiovisuais. Nun espazo expositivo de 500 metros cadrados, os visitantes poderán achegarse ao galego e á diversidade lingüística dunha forma activa, experimental e sensitiva.
A mostra estrutúrase en catro bloques temáticos:: “As orixes”, “Isto é galego”, “As nosas palabras, os nosos mundos” e “A nosa lingua na nosa vida”.
A visita pódese realizar en sete idiomas –galego, castelán, catalán, éuscaro, inglés, francés e neerlandés-flamengo-, aos que se suman outras 27 linguas con presenza na exposición.
|