![](../festas/Images/trans.gif) Observaciones |
|
|
Vilagarcía vestirase pois de festa para acoller a Volta Ciclista a Galicia xa que a intención do Concello, patrocinador do evento, é que a proba se converta en atractivo e dinamizador da vila. Para contribuír a ese ton festivo que conleva a Volta, o Concello organizará espectáculos de animación ao inicio e remate da Volta.
A Vota Ciclista a Galicia 90 pasará por 40 concellos e consistirá en cinco etapas a desenvolver entre os días 15 e 19 de abril: Vilagarcía-A Coruña, A Coruña-Porto do Son, Porto do Son-Cuntis, Cuntis-O Porriño e O Porriño-Vilagarcía. Na proba tomarán parte 133 deportistas das categorías Élite e Sub-23, é dicir, que nela poderanse ver a algunhas das futuras promesas do ciclismo europeo.
Como non podía ser doutro xeito, a participación galega na Volta é elevada, xa que están inscritos un total de 7 equipos (Supermercados Froiz, Cambre-Renault Caeiro, Luís Ocaña Cymasa, Padronés Aluminios Corizo, Cidade de Lugo Artesanía de Galicia, SpolCaixanova e CC Viguéschint Autronic), aos que hai que sumar os 9 procedentes doutras comunidades de España (Colo Ciudad de Oviedo, Manzaniño Construcciónes Paulino, Naturgás, Camargo Ferroatlántica, Cueva El Soplao, Ayzisa de Otin, Valencia Terra I Mar, Andalucía Cajasur e Extremadura Spiuk), os 2 portugueses (Elecler Santa María da feira e Palmeiras Resort Tavira) e o Lokomotiv ruso.
As etapas da VIII Volta a Galicia son:
15 de abril: Vilagarcía-A Coruña 16 de abril: A Coruña- alto da Anxa 17 de abril: Porto do Son- Cuntis 18 de abril: Cuntis-Porriño 19 de abril: Porriño Vilagarcía
|