Observaciones |
|
|
A comedia policíaca escrita por Ira Levin, "Trampa mortal", é unha obra maestra do suspense que chega a Vilagarcía versionada e dirixida por Ángel F. Montesinos e cun elenco encabezado por Francisco Valladares e coa colaboración especial de María Garralón.
Ira Levin comeza a súa carreira como escritor de guións para televisión. A primeira das súas sete novelas de misterio foi 'A Kiss Before Dying' (Bícame antes de morrer), que obtivo o premio Edgar Allan Poe e foi adaptada ao cine en 1954. Regresa ao teatro para escribir a súa obra máis coñecida neste campo, 'Deathtrap' (Trampa Mortal), éxito en Broadway e pola que gañou o seu segundo Edgar.
'Trampa mortal' relata a historia dun estudante de literatura que entrega ao seu profesor, un coñecido escritor, o manuscrito da súa primeira novela. Desesperado e angustiado por obter un novo éxito, o famoso novelista planea asasinar ó mozo descoñecido e apropiarse da súa obra.
Foi a comedia americana de intriga que desde o seu estreo en Broadway tivo máis representacións no mundo, culminando en Londres a súa triunfal carreira con máis de tres anos en cartel. Agora chega da man dun director como Ángel F. Montesinos, galardoado coa Medalla de Bellas Artes e o Premio Segismundo da Asociación de Directores de Escena e toda unha vida dedicada por completo ao teatro. A obra está interpretada por Francisco Valladares, que xa a estreou no seu día, e faino acompañado de María Garralón, rotunda, divertida e enigmática no seu papel de vidente alemá. |