Observaciones |
|
|
Os músicos da Orquestra de Cámara Galega, dirixidos pola batuta de Rogelio Groba Otero, fillo do homenaxeado, serán os encargados de interpretar as composicións musicais de Groba escollidas para este concerto. Este acto enmárcase nos actos de homenaxe no oitenta anivaersario do decano dos compositores galegos.
Entre as pezas que os instrumentistas da Orquestra de Cámara Galega tocarán atópanse “Na Suaviña” ou “Intres Boleses”, ás que se lle sumará a composición “Polas rúas de Ponteareas”, inspirada no seu pobo natal. O programa inclúe ademais dúas pezas que se estrean neste ciclo, así como outra composición que o homenaxeado compuxo para a formación galega O Fausto.
O concerto completarase con a obras de Tchaikovsky, Händel, Barber, Britten e Mozart. |