|
As augas do peirao de Vilaxoán serán escenario da II Bandeira Porto de Vilagarcía para a modalidade de bateis. Oitenta embarcacións de diferentes clubs da provincia participarán na proba organizada pola Fundación de Deportes e o Club de Remo Vilaxoán co patrocinio da Autoridade Portuaria de Vilagarcía. As probas comezarán a disputarse a partir das 16:30 horas e haberá un total de sete categorías, tres femininas (promesas, xuvenil e sénior) e catro masculinas (infantil, cadete, xuvenil e sénior). A II Bandeira Porto de Vilagarcía é una proba previa á Regata Territorial Sur de bateis que se disputará o sábado 12 de abril, polo que a clasificación na competición de Vilaxoán será a que marque as quendas a disputar ese día na proba que decidirá as prazas para participar no campionato Galego.