Observaciones |
|
|
"O CAMIÑO" é un musical a cabalo entre a lenda e a realidade. De Roncesvalles ata Santiago peregrinos de toda Europa comezan a camiñar en dirección á capital galega. O camiñante vai indefenso polo camiño sendo partícipe e testemuña das costumes, lugares, xentes, paisaxes e perigos. Entender o significado desta viaxe é dar sentido ó “ Camiño”. No espectáculo participan a gaiteira Cristina Pato, a que fora vocalista de Luar na Lubre, Rosa Cedrón, que presenta o seu novo traballo; os ourensáns Mutenrohi, que este ano participarán no mítico festival Folk de Lorient (Francia); a cantante Eva Carreras, unha viguesa que participou en Operación Triunfo; o colectivo Druidadanza, formado en 1982 baixo a dirección de Mercedes Suárez; e, por último, o dúo formado por Daniel Bellón e Diego Maceiras, gaita e acordeón respectivamente.
O espectáculo comezará ás 22,00 horas no paseo Elpidio Villaverde, na súa confluencia coa avenida da Mariña. |