Observaciones |
|
|
A Concellería de Turismo, a AIT e UPTA Galicia organizan a actividade "Vilagarcía... de pecado". Música e gastronomía danse a man nesta proposta, que se desenvolverá na Baldosa e demais rúas da zona de viños os días 5, 6 e 7 de abril. Cada xornada, á noitiña, terá lugar unha actuación musical que animará a velada. As actuacións programadas son:
Xoves 5: Tenderete
Venres 6: Pares y Nores
Sábado 7: The Preachers of Rock & Roll.
Cada xornada haberá ademais, degustación gratuíta de tapas con mexillón da ría como ingrediente principal nos bares da mesma zona.l |