Observaciones |
|
|
O mago Cayetano Lledó presenta o seu espectáculo “Máxico Circus Cabaret”. Nesta montaxe o mago interpreta ao patrón dun circo no que xa non traballa ninguén e no que, polo tanto, vese na obriga de disfrazarse de diferentes artistas para non ter que pechar o seu negocio. Parodiando a un mago chinés, a Groucho Marx, a un sonámbulo, á muller barbuda, a un hipnotizador galego e a moitos máis personaxes, tentará levantar o espectáculo. Esta nova montaxe do mago Cayetano Lledó mestura maxia musical, comedia, manipulación de cartas, malabarismo de contacto, mentalismo, hipnose e clown. Sen dúbida, unha boa combinación para atraer a todo tipo de público. |