Observaciones |
|
|
Durante máis dunha hora e media, arredor de cincuenta compoñentes de O Fiadeiro executan danzas de toda a xeografía galega, coidadosamente adaptadas á escena, con cadanseu vestiario propio da zona donde foi recuperada a información e acompañado das voces, instrumentos e sons axeitados. Sen dúbida un gran espectáculo visual e auditivo representante da tradición galega.
A Asociación Cultural Folclórica “O Fiadeiro” nace no ano 1995 co propósito de compilar, conservar e transmitir o legado cultural da tradición galega que permaneceu durante moito tempo, e aínda permanece, gardado na memoria dos nosos devanceiros cun alto risco de ser esquecido.O obxectivo principal da Asociación é compilar esta información directamente das fontes, estudiala e arquivala debidamente coa intención de que poida ser difundida e transmitida ás novas xeracións.
Tódolos grupos de O Fiadeiro colaboran na organización da gala bianual denominada “Esta Noite Hai Unha Fía”, da que este ano se celebra a décima edición. Neste espectáculo, O Fiadeiro tenta amosar o seu traballo de escenificación e recuperación etnográfica dos dous anos precedentes.
|