Observaciones |
|
|
Bit de curt-AS é unha actividade organizada pola Concellería da Muller en colaboración con Mr Misto dentro no programa conmemorativo do 8M, Día Internacional da Muller.
Os Bit de curt-As plantexan unha visión do mundo dende a óptica feminina. Exponse a través do audiovisual o punto de vista de distintas directoras que se expresan mediante do cinema. Cada curta versa sobre unha temática diferente: O mundo laboral, a prostitución, os problemas familiares, a identidade sexual, o mundo do cine… son algúns dos aspectos sobre os que tratan as curtas que queremos difundir.
Programa:
FRAMES Beatriz Carretero/Alicia Medina, Madrid 2009, 18’ Leire é unha pintora de talento, pero os seus ollos xa non poden percibir o movemento.
PREMIO Eva Quintás, Galicia, 2006,10’ Tim leva unha vida fora do común,participa en todos os concursos o seu alcance, e con 25 anos vive dos premios que gaña. Os seus veciños non deixan de sorprenderse…
1977 Peque Varela, Galicia, 2008, 8’ Unha pequena cidade, un nó que medra e unha nena que busca a súa identidade
MIENTE Isabel de Ocampo, Madrid, 2007,15’ Doina quere facer un regalo de cumpreanos a sua irmá, pero non é doado conseguilo.
USTED NO SE ADECUA AL PERFIL Olivia Novoa, Galicia, 2005,10’ Conta a historia de cinco mulleres que se encontran con problemas para atopar emprego en Ourense, problema que se agrava sendo muller e non tendo experiencia previa
NO SE PREOCUPE Eva Ungría, Madrid, 2008,13’ A monótona paz diaria dunha muller vese interrompida pola chegada dun equipo de rodaxe que lle pide … un pequeno favor. En poucas horas, a muller comprenderá o verdadeiro senso da frase “no se preocupe”
Ademais imos proxectar as curtas que se realizaron no obradoiro de “Audiovisuais en clave de xénero “organizado pola Concellería da Muller o ano pasado. Estas minicurtas titúlanse:
INTERFONO, NEPTUNA e INTERANIMALIA |