|
O humorista Dani Mateo, forma parte do equipo de “Sé lo que hicísteis..." xunto a Patricia Conde, Ángel Martín e Miki Nadal dende novembro de 2007. A súa primeira experiencia en televisión chegoulle da man da Paramount Comedy, canle á que chegou como monologuista e na que presentou o programa “Noche sin tregua”. Desde entón ten actudo por toda a xeografía española cultivando grandes críticas e sendo considerado como un dos mellores monologuistas de España.