Observaciones |
|
|
Teatro do Noroeste presenta Glass City (Cidade de Cristal). Esta produción é unha obra musical de gran formato no que participan catorce actores e actrices e conta con músicos en directo que interpretan os temas musicais e as cancións que aparecen no espectáculo.
En Glass City, hai dúas cuestións que impregnan todo o argumento do espectáculo e forman parte esencial da obra: o lugar e a época. O lugar é a cidade da Coruña; e a época é o setembro de 1958. Nesa época e nesas datas adoitaba pasar varios días de veraneo, o entón xefe do Estado Español, o ditador Francisco Franco, na Coruña. Con el chegaban á cidade unha morea de ministros e altos cargos daquel goberno que, instalados na cidade, a transformaban, durante uns días, na capital de España. Alí celebráronse consellos de ministros e constantes recepcións no Pazo do Concello, no club Náutico, e noutras sociedades civís, tamén se fixeron grandes cantidades de inauguracións, festexos e concursos para darlle brillo e esplendor a aquel réxime usurpador que xa levaba imposto máis de vinte anos.
Dirixida por Eduardo Alonso, compoñen o elenco de artistas Xavier Estévez, Luma Gómez, Carlos Mosquera "Mos", Monti Castiñeiras, Maxo Barjas, Xan Casas, Christian Escuredo, Ramón Orencio, Brandán Lourenzo, Fernando Tato, Fernando González, Brais Morán, Julia Méndez e Julia Sánchez. |