Observaciones |
|
|
Homenaxe ao peregrino O espectáculo terá unha duración aproximada de noventa minutos no que se sucederán diversos números de teatro, música e danza. “Pero non se trata de un festival ao uso. Existe un fío argumental que vai enlazando todas as actuacións”, explica José Álvarez.
Ese fío argumental é o Camiño de Santiago e o ano Xacobeo. “O Espectáculo Escenográfico Galego é unha homenaxe ao peregrino”, comenta o seu director. A montaxe conta cunha espectacular e moi coidada posta en escena en canto a escenografía, vestiario e iluminación. Colectivos locais
O Espectáculo Escenográfico Galego conta coa participación de numerosas asociacións e colectivos de Vilagarcía. Así, nos números de danza, participará o corpo de ballet da Escola Perla de Arosa, que realizará unha homenaxe ao famoso “virapé” que creara o vilagarcián Manolo Rey. T amén participarán a Farsa da Danza das Espadas de Carril, convertíndose deste xeito na primeira ocasión que esta popular danza carrilexa se represente no auditorio de Vilagarcía.
No apartado de teatro os actores Viri Cancelo e Alberto Dosil interpretarán o sainete galego “A medosaBlandina”. Como figurantes en diversos momentos do espectáculo intervirán as actrices do grupo de teatro O Noso Lar.
En canto a música, o espectáculo contará coa participación de Os Terribles de Arousa, o grupo de gaiteiros da asociación cultural Nós de Sobradelo e un grupo instrumental.
Serán en total máis de cen artistas os que pasarán ese día polo escenario do Auditorio para participar neste espectáculo. Unha cifra que se incrementa ata as 120 persoas se se ten en conta aos técnicos e ao persoal que colaborará na función, na que os seus organizadores veñen traballando dende hai catro meses. |