Observaciones |
|
|
Verónica Smausova ofrece este concerto benéfico en favor de Cáritas parroquial, de acordo co seguinte programa:
F. CHOPIN Nocturno fa menor op. 55 nº 1
Estudo fa menor op. 25 nº 2
Estudo fa menor op. 10 nº 9
Sonata si bemol menor Grave; Doppio movemento Scherzo Marcha fúnebre – lento Finale-presto
S. PROKOFIEV Romeu e Xulieta op. 75 Danza popular Escena Minueto Pequena Xulieta Máscaras Montescos e Capuletos Pai Lorenzo Mercurio A danza do lirio Despedida
Veronika Smausova estuda actualmente o terceiro curso superior na Academia das Artes Musicais en Praga, na clase do catedrático F. Maly. Comezou os seus estudos á idade de 6 anos coa súa nai. A partires do ano 1995 foi seleccionada como alumna para aplicar as prácticas de pedagoxía do profesor D. Simonkova na Academia das Artes Musicais.
Continuou os seus estudos no instituto na especialidade de Música coa profesora, J. Sedmikova e dende o ano 2002 co profesor, F. Maly, no mesmo instituto.
Nesta época participou nos concursos de piano PRAGUE JUNIOR NOTE. No ano 2000, conseguíu neste concurso o terceiro premio, e no ano 2003, nun concurso internacional PRO BOHEMIA, outorgáronlle o segundo premio e o premio á mellor interpretación dunha obra de B. Martinu.
Acude con regularidade aos cursos de técnica e interpretación pianística con diferentes profesores como Bukrejev, Weichert, Groppenberger, Runnels, Simonkova, M. Kasik, M. Langer, F. Maly. |