Observaciones |
|
|
O artista Manolo Paz expón en Vilagarcía a súa colección escultórica "Soños de Pedra". Esta mosta é a primiera individual que o cambadés fai de xeito individual na comarca do Salnés nos últimos 21 anos.
Nesta colección, Manolo Paz reúne vinte pezas en pedra e catro series de obra en papel, todas elas realizadas entre 2008 e 2010. Ningunha das obras que presenta Manolo Paz en Vilagarcía foi exposta con anterioridade, o que lle confire a esta exposición unha especial relevancia e singularidade.
Na planta baixa da sala Antón Rivas Briones, o escultor presenta catro pezas en gran formato realizadas en terracota. Nesta espazo é onde se exhibe tamén a obra en papel. Na planta superior exponse outra serie de pezas de mediano e pequeño formato realizadas en granito negro, en rosa Porriño e nun granito azul traído dende Salvador de Bahía (Brasil).
Paz, consagrado xa como unha das figuras senlleiras da arte contemporánea en Galicia, expuxo en cidades como Madrid ou Nova Iorque. |