_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | EXPOSICIÓN: "Memoria" de Saúl Otero e "Relatos íntimos" de Xandre Otero
Fecha Inicio
  | 22/10/2010
Fecha Fin
  | 27/11/2010
Horario
  | 09:00
Lugar
  | Sala de Exposiciones Antón Rivas Briones
Observaciones
 
| Dende o 22 de outubro ate o 27 de novembro, a Sala de Exposicións Antón Rivas Briones acollerá as exposicións “Memoria”, de Saúl Otero, e “Relatos íntimos” de Xandre Otero. Pai e fillo levan anos traballando en paralelo, cada un seguindo a súa particular traxectoria, pero unidos nunha mesma vocación pictórica que lles leva a compartir esta mostra.
O público terá unha ocasión senlleira para ver e disfrutar da produción última de dous interesantes creadores cunha probada traxectoria ás costas.
A inauguración da exposición terá lugar o venres 22 de outubro ás 20.00 horas.

“Memoria”

Nos cadros de grande formato de Saúl Otero, están presentes a pulsión e o irrenunciable afán de denuncia, a fervenza creadora e a pegada de certas obsesións, a entrega ao ideal da liberdade e o desexo de non confiarse a ningún marco preestablecido. Os seus cadros rómpense especialmente e acollen unha potente harmonía visual de cores, liñas, textos, obxectos e engrenaxes diversas. Como contrapunto lúdico ás súas tonalidades máis comprometidas, tamén ofrece unha serie de pezas pequenas de xilocromía e metal xogando coas formas, volumes e asociacións.

“Relatos íntimos”

Con “Relatos íntimos” Xandre Otero ofrece ó visitante visións e recordos, o humano e o animal, o natural e o manufacturado. Amosa nas súas obras unha estampa orgánica de paisaxes e primeiros planos. De elementos extirpados e posteriormente recontextualizados. Unha serie de paisaxes que mostran un aparente azar que se contrapón ó desorde humano, pero que en ambos convirte os trazos máis rudos en tons amables, despigmentando a agresividade e trasformando os campos abertos en meros contidos dentro dos artefactos. Unha e outra vez este artista transforma a realidade e a consistencia das cores.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2010  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -