|
O Centro Cultural da Torre acolle o primeiro curso de Samba e Funk organizado pola escola de música Coda coa colaboración da Concellería de Cultura e a asociación veciñal da Torre. A actividade terá lugar o sábado, día 2 de xuño, pola tarde, e o domingo 3 pola mañá e pola tarde. O curso será impartido polo profesor Maxwell Daniel de Souza.