_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | CONCIERTO de la Banda de Música de Vilagarcía
Fecha Inicio
  | 30/01/2010
Fecha Fin
  | 30/01/2010
Horario
  | 21:00
Lugar
  | Auditorio
Precio
  | Entrada libre e de balde
Observaciones
 
| Para este Concerto de Inverno, o director da Banda de Música, Jesús Nogueira, cede a batuta ó mestre Marcel van Bree, que dirixirá á formación vilagarciana nun programa composto por obras de Andre Waignein, Thomas Doss, Chaminade e George Gershwin.

O director invitado
Marcel van Bree naceu en Meijel (Holanda) e estudou no Conservatorio Superior de Tilburgo, onde obtivo os diplomas de clarinete e dirección coas máximas cualificacións.
Proseguiu os seus estudos de dirección con Pierre Kuijpers, E. García Asensio, Heinz Friezen e Gerald Brown. En Holanda foi profesor de clarinete e director das bandas de Nieuwstadt, Koningslust e Gemert.

En 1992 trasladouse a Galicia e dende ano até o 2004 foi director do Conservatorio Profesional de Lalín, da Orquestra de Cámara do mesmo e da Banda Municipal de Lalín.
Foi director da Banda Sinfónica de Galicia e dirixiu a Banda da FederaciónGalega dende 2001 ata 2004.

En calidade de director convidado ten dirixido ás principais bandas de música de Galicia, así como ás bandas municipais de Madrid, Albacete e Bilbao.

Van Bree gravou varios discos coa Banda de Lalín, a Banda Sinfónica de Galicia e a Banda Municipal da Coruña.
Como profesor impartiu cursos de dirección nos conservatorios de Pontevedra, Ourense, Lalín, Lugo e Oporto.
Desde setembro do 2004 é director titular da Banda Municipal da Coruña.

A frauta solista
Marta Novoa naceu en Chantada (Lugo). Estudou frauta travesera nos conservatorios de Lalín, Ourense e Vigo, no que obtivo o Grao Superior de Música na especialidade de Frauta Travesera.

Ten participado con bandas de toda xeografía galega así como coa Orquestra Sinfónica do Deza, a Orquestra do Conservatorio de Lalín ou a, Orquestra Sinfonieta de Vigo.
Forma parte do cuarteto de frautas Cossi fan Flute, no que se exerce unha intensa actividade en canto á música de cámara.
Como docente, impartiu clases de frauta, linguaxe musical e música e movemento en Escolas de Música como as de Chantada, Ribadeo, Illa de Arousa ou Vilagarcía, así como en conservatorios profesionais como o de Lalín ou o de Vilagarcía, onde imparte clases actualmente.

   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2010  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -