Observaciones |
|
|
Cotillón, cava e por suposto, uvas. Non faltará de nada na sétima edición da festa da toma das uvas, que este ano se celebra coa colaboración de Caixanova, Caixa Galicia e a asociación de comerciantes Zona Aberta. A animación correrá a cargo dun grupo de teatro de rúa e de Master Disco Móvil. A festa será, como todos os anos, ás doce do mediodía, aínda que dende as doce se poderán recoller na barra instalada por Xuventude as doce uvas da sorte e o cava para brindar por un próspero 2007. |