Observaciones |
|
|
Oito equipos femininos da categoría infantil procedentes de diferentes puntos de España participan no Memorial Miguel Ángel González Estévez organizado pola Asociación deportiva Cortegada e que patrocina a Fundación Municipal de Deportes.
O torneo disputarase os días 3, 4 e 5 de abril nos pavillóns 1 e 2 de Fontecarmoa. Os oito equipos participantes se dividirán en dous grupos para competir. O grupo A estará composto polo Caixanova Cortegada, o Gaunas Logroño, o Lima Horta Barcelona e o Carmelitas de Ourense; mentres que integrarán o grupo B o Celta de Vigo, o Arxil de Pontevedra, o Rivas de Madrid e a Selección Galega Infantil.
O torneo comezará o venres, 3 de abril con partidos simultáneos nos dous pavillóns ás 18 e ás 20 horas. O sábado haberá partidos pola mañá (ás 10 e ás 12 horas) e pola tarde (ás 16 e ás 18 horas, ademais das semifinais ás 21 horas). Tamén na xornada do sábado, entre as 20 e ás 21 horas xogarase o Two Ball, a competición de tiro por parellas, no que participarán as xogadoras do Extrugasa Cortegada. O memorial chega a súa recta final o domingo, coa celebración, entre as 10 e as 12 horas, dos partidos de terceiro e cuarto posto. A final celebrarase á partir das 12:30 horas e ó seu remate terá lugar a entrega dos premios. |