Observaciones |
|
|
O club vigués de baile deportivo e de salón "Al Compás" realizará unha exhibición de baile no Auditorio.
Nesta actuación participarán arredor de 30 bailaríns, moitos deles da comarca de Arousa, de moi diferentes estilos e idades. Dende os 7 ate os 75 anos. Poderanse ver exhibicións de vals vienés, tango, rumba ou chachachá, “todos eles interpretados sobre cancións actuais e moi coñecidas para o público en xeral”, explica a directora da exhibición e do club de baile Al Compás, Emma López. |