Observaciones |
|
|
O Club de Remo en colaboración coa Concellería de Promoción Económica e Innovación organizan esta festa gastronómina na que se disporá de 700 racións de porquiño á brasa, acompañado de mexillóns, pan, sobremesas e café, e que se venderán a 10 euros por cabeza. Como novidade, este ano haberá unha pulpeira, típicp prato que tamén estará presente durante a xornada do Velorio, o sábado 14, para ir quentando o ambiente mentres se fan os preparativos da festa.
A II Festa do Porquiño á Brasa desenvolverase baixo unha carpa instalada na explanada do Preguntoiro, ó carón do centro socio cultural e deportivo no que ten a súa sede o Club de Remo Vilaxoán. Os pratos comezarán a servirse a iso da unha da tarde, aínda que os cociñeiros traballarán dende as seis da mañá preparando as cinco fogatas nas que se asarán os 50 porcos que se servirán ós comensais. A carne foi mercada en Moraña, onde existe gran tradición culinaria deste produto, e serán preparados polo Javier Giau, un cociñeiro especializado no porquiño á brasa. |