|Recollida de invitacións na Escola de Música (O Ramal)
Observaciones
|
A Escola Municipal de Música Bernardo del Río celebra este venres o primeiro dos tres festivais trimestrais do curso. Como é habitual, o primeiro espectáculo virá marcado polas datas festivas nas que nos atopamos, por iso os profesores e alumnos do centro porán en escena un orixinal e musical “Conto de Nadal”.
O “Conto de Nadal” é unha historia que ten como principal protagonista a un anxo que vai a visitar a un neno nestas datas tan especiais. No seu camiño crúzase con distintas persoas que o acompañan, que lle contan historias e coas que vive diferentes feitos. Todo isto vaise contando a través das actuacións dos alumnos da Escola de Música e baixo un mesmo fío argumental.
No espectáculo actuarán todos os alumnos da Escola maiores de 4 anos. Terán unha intervención moi destacada os educandos de linguaxe musical, que toman parte por vez primeira nun festival de Nadal. Os nenos de 5 e 6 anos prometen dar unha sorpresa e os de 7 estrearán ante o público os instrumentos infantís adquiridos recentemente pola Concellería de Educación. Tamén actuarán no espectáculo as agrupacións da escola, como o grupo de percusión, o de corda, o de música moderna e a Junior Band.