Observaciones |
|
|
David Civera é outro artista xurdido da canteira de Eurovisión. No seu caso, a súa participación tivo lugar en 2001, dez anos despois da de Sergio Dalma, coa canción ‘Dile que la quiero’. Daquel álbum vendéronse en España 400.000 copias. Dende entón David Civera é sinónimo de diversión, desenfado, baile e alegría. Elementos todos estes que teñen a súa máxima expresión nos seus concertos en directo.
Tivo e ten David Civera a habilidade de interesar e gustar a públicos moi diversos. O seu aire de sempiterno mozo segue a gustar ao máis novos, pero tamén os maiores gustan de disfrutar da súa calidade vocal e do ritmo das súas cancións, en moitos casos acompañados por atractivas coreografías.
Na súa discografía figuran auténticos éxitos das pistas de baile e dos campos da festa, auténticas cancións do verán como ‘Que la detengan’, ‘Bye bye’ou ‘Rosa y espinas’ gravado xunto a David Bisbal.
Sucesivos traballos ata a data avalan a súa carreira sen paróns e permítenlle debullar nos seus concertos os seus moitos hits para deleite dos seus fans. |