Observaciones |
|
|
Catro días despois de saír da Avenida da Mariña, a serpe multicolor composta polos deportistas participantes na VIII Volta Ciclista a Galicia rematarán esta proba en Vilagarcía, onde se pecha a quinta e última etapa, a de Porriño-Vilagarcía. A liña de meta emprazarase na Praza de Ravella, onde o ambiente de festa reinará dende moito antes da chegada dos ciclistas. Haberá espectáculos e animación e, como colofón, procederase á entrega dos premios ao vencedor da Volta e aos mellores corredores en montaña, metas voantes, por equipos, ao ciclista máis regular da proba e ao primer corredor galego na clasificación, así como ao prmeiro sub 23.
A Vota Ciclista a Galicia 90 pasará por 40 concellos e consistirá en cinco etapas a desenvolver entre os días 15 e 19 de abril: Vilagarcía-A Coruña, A Coruña-Porto do Son, Porto do Son-Cuntis, Cuntis-O Porriño e O Porriño-Vilagarcía. Na proba tomarán parte 133 deportistas das categorías Élite e Sub-23, é dicir, que nela poderanse ver a algunhas das futuras promesas do ciclismo europeo.
Como non podía ser doutro xeito, a participación galega na Volta é elevada, xa que están inscritos un total de 7 equipos (Supermercados Froiz, Cambre-Renault Caeiro, Luís Ocaña Cymasa, Padronés Aluminios Corizo, Cidade de Lugo Artesanía de Galicia, SpolCaixanova e CC Viguéschint Autronic), aos que hai que sumar os 9 procedentes doutras comunidades de España (Colo Ciudad de Oviedo, Manzaniño Construcciónes Paulino, Naturgás, Camargo Ferroatlántica, Cueva El Soplao, Ayzisa de Otin, Valencia Terra I Mar, Andalucía Cajasur e Extremadura Spiuk), os 2 portugueses (Elecler Santa María da feira e Palmeiras Resort Tavira) e o Lokomotiv ruso. |