Observaciones |
|
|
Desde hai case tres décadas Loquillo é unha “rock star”, o xenuíno icono do rock español. E as súas cancións, auténticos himnos.
Loquillo tivo ademais a habilidade de reinventarse en varias ocasións. Cando os críticos -que non os fans, que sempre o seguiron- auguraban o seu ocaso, o músico catalán sacábase un as da manga e sorprendía a propios e estraños con propostas musicais asombrosas, sempre co seu particular toque persoal.
Iso volveu a ocorrer recentemente e Loquillo volve estar de rabiosa actualidade grazas á publicación da edición especial do dobre cedé e do deuvedé “Balmoral”, acompañado por unha xira homónima á que pertence o seu concerto en Vilagarcía. |