Observaciones |
|
|
O grupo de musica infantil Mamá Cabra, ben coñecido polos nenos e nenas galegos, presenta o sábado no Auditorio o espectáculo “Ola, ola la!”, un divertido espectáculo dirixido a nenos a partir dos catro anos, pero do que goza toda a familia. As melodías das composicións de Mamá Cabra servirán para que os máis pequenos aprendan cancións en galego e gocen coa lingua.
A actividade prolóngase despois do espectáculo grazas a uns obradoiros dirixidos pola escritora e actriz Ana Carreira aos que os rapaces poden apuntarse o mesmo día da actuación. O concerto do sábado forma parte do programa ‘Bocaberta’ da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e complétase coa entrega dun libro do mesmo título aos asistentes aos obradoiros que seguirán á actividade. O libro contén ademais, por unha banda, un CD coas cancións do grupo e, por outra, un DVD cun karaoke para que os nenos poidan seguir cantando os temas na casa. |