|
Baixo o título “Un Nadal cheo de contos”, a compañía Tarabelos utilizará diversas técnicas de monicreques para representar dúas pezas do escritor Charles Dickens. A primeira peza leva por título “Canción de Nadal” e para a súa representación utilizaranse títeres de mesa, ilustracións con releves e algunha sorpresa máis que, de seguro, farán as delicias de nenos e adultos. A segunda obra a representar o luns titúlase “O primeiro día do Nadal” e relata o Nacemento do neno Xesús en Belén. A posta en escena desta peza será moito máis dinámica e interactiva que a anterior, posto que a representación requirirá a intervención dos nenos e nenas do público.