Observaciones |
|
|
Marttyn Abdersen e Dani García presentan “Symbiosis:maxia para vos”, un espectáculo para todos os públicos co que xa levan máis dun ano percorrendo os principais escenarios de Galicia.
A acción deste espectáculo xira ao redor de dous magos novos, de orixes ben distintas, un deles arxentino, e o outro galego. Trátase dos magos Marttyn e Dani García.
Xuntos descobren que no fondo non teñen tantas diferenzas e que a súa gran paixón é a maxia, e compartila co público, transportándoo a unha nova realidade, onde non hai barreiras, onde non hai normas, onde todo toma un novo significado, onde non existe a palabra imposible. Neste espectáculo nada é o que parece e nada parece o que é. |