Observaciones |
|
|
Carlos Blanco retorna a Vilagarcía para presentar o seu novo espectáculo, titulado “Ordem e progresso”, título tomado da frase que aparece na bandeira do Brasil. Un espectáculo que, nas súas propias palabras, trata de expoñer “unha idea persoal do país brasileiro en clave de humor".
A nova proposta escénica de Carlos Blanco, tralos éxitos das súas últimas montaxes, “Humor neghro” e “Só”, chega agora máis colorista, máis ousada, “máis de pel”. Con criterio, con bo ritmo e cunha lingua que é unha trinca. É un espectáculo “para mover o corpo e a mandíbula, rir e bailar" no que o actor vilagarcián estará acompañado sobre o escenario polos músicos Sergio Tannus, Sergio Sales e Paulo Silva.
O humor chegara coa cadencia do pandeiro e do cavaquinho e con temas como o fútbol e o sexo. |