Observaciones |
|
|
O Auditorio de Vilagarcía acollerá entre os meses de outubro e decembro as sete obras que compoñen o Ciclo de Outono de Teatro Galego, iniciativa que trae ó municipio vilagarciá sete das montaxes que máis premios e representacións teñen acadado neste 2010 da man das mellores compañías galegas de teatro.
“A Esmorga” foi a gran triunfadora nos premios María Casares 2010, nos que obtivo cinco galardóns, entre eles o de mellor espectáculo teatral. A montaxe de Sarabela Teatro tamén obtivo un recoñecemento a nivel estatal ao ser nominada como Mellor Espectáculo Revelación nos premios Max de Teatro, os máis importantes do teatro en España.
Con nove actores sobre o escenario, unha importante escenografía, luz, imaxes, efectos, e música en directo, a compañía ourensá pon en escena a súa adaptación teatral da obra mestra de Eduardo Blanco Amor “A Esmorga”.
A montaxe está dirixida por Ánxeles Cuña e interpretada por Fernando Dacosta, Suso Días, Josito Porto, Nate Borrajo, Rosa Álvarez, Elena Seijo, Sabela Gago, Fina Calleja, Tito Asorey e David Varela. |