|
O fotógrafo vilagarcián Nacho Estévez amosa as fotografías que realizou na Ruta Quetzal 2010 por Panamá, México e España. Unha oportunidade única para coñecer de preto esta experiencia na que participan mozos e mozas de España e Latinoamérica e que este ano ten como meta Santiago de Compostela.