|Anticipada en webs www.servinova.com e www.obrasocialnovacaixagalicia.es e da billeteira telefónica 902 504 500. O día das funcións no Auditorio
Observaciones
|
“Galicia Caníbal. El Musical” é unha obra de coreografía e cancións ideada por Antón Reixa, que configura unha historia que nos transportará a unha época mítica que catapultou a toda unha xeración de músicos galegos.
No espectáculo soarán hits como Bailaré sobre tu tumba (Siniestro Total); Sitio Distinto, Sector Naval e a inexcusable Galicia Caníbal (Os Resentidos); Malos tiempos para la lírica e Fiesta de los Maniquíes (Golpes Bajos); No me beses en los labios e Soy una punk (Aerolíneas Federales), entre outros moitos.
Estrella Galicia presenta unha producción de Filmanova Invest e Estrella Galicia en coprodución co Agadic . Vilagarcía é unha das catro cidades galegas nas que se estrea este verán o esperado musical. O Auditorio acollerá catro funcións entre o 2 e o 5 de agosto.