Observaciones |
|
|
Joel Padin é a nova promesa da música folk galega. Os seus inicios na música tradicional remóntanse ao ano 2011, onde comezou a cantar e tocar a pandeireta na asociación Mar de Arousa, de Bamio (Vilagarcía), onde reside. As súas ganas por avanzar, levárono a probar en diferentes grupos para intentar comprobar cal era o máis adecuado ás súas necesidades.
En 2018, preséntase ao concurso da TVG, Pequenos Fenómenos, quedando en primeiro lugar cantando só música tradicional. En 2021 saíu á luz “Aughas Mortas”, o seu primeiro traballo, un disco no que recolle pezas populares tradicionais puras, así como adaptacións das mesmas para darlle un aire máis xuvenil. |