Observaciones |
|
|
Folk no Alobre é unha romaría urbana organizada polo Concello de Vilagarcía de Arousa e dirixida pola asociación Pés de Barro.
PROGRAMA
11:00 Visita guiada polo Castro e Parque Enrique Valdés Bermejo, acompañados por Xurxo Souto, grupo tradicional Os Demos da Petaca e guía. FarAsE unha ruta dende a Praza da Independencia, pasando polo Pazo de Vista Alegre, dende aquí entrarase ao Castro e rematarase no Parque de Enrique Valdés Bermejo, para coñecer a súa importancia histórica e medioambiental.
13:00 Sesión vermú con Barullo (con Nelson Quinteiro e Álvaro Cardalda) Espectáculo infantil de clown que aborda a cultura e a música tradicional a través dos seus instrumentos. Nesta aventura Nelson Quinteiro convértese no Señor Patajullo, unha divertida personaxe que chámase así porque fai moito barullo.
14:00 Xantar demorado - Trae a túa comida. O espazo contara con mesas e cadeiras que pon a organización e estará amenizado por grupos tradicionais.
16:00 Obradoiro de Iniciación ao Baile Tradicional con Luis Prego Este obradoiro terá un carácter principalmente práctico, destinado a que as e os participantes coñezan os pasos básicos do baile tradicional galego. Prestarase atención as cadencias do corpo e aos pulso do baile, que veñen dados polas músicas propias e tamén aos estilos persoais das bailadora e bailadores portadores e transmisores desta sabedoría popular.
18:00 Grupo Tradicional Os Demos da Petaca Os Demos da Petaca levan máis de vinte anos traballando, recollendo e interpretando música tradicional galega, tentando achegar na súas actuacións o xeito máis tradicional e respectuoso coa nosa cultura.
18:45 Miguel Cadavieco O coñecido rabelista cántabro recalara en Vilagarcía de Arousa para interpretar os seus “ Romances y cantares al son del rabel”, un concerto onde a música combínase coa improvisación, o humor e a interacción co público.
20:00 Caamaño & Ameixeiras Dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, este dúo acumula, na súa curta pero intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega, o seu lugar de orixe, como fóra dela e no ámbito internacional.
21:30 Maghúa Grupo de mozos afincados na Coruña interesados en recuperar e transmitir unha pequena porción da tradición do País. Botámonos à auga no nadal do ano 2006 como grupo de cantareiros, unicamente de voz e pandeireta. |