Observaciones |
|
|
O programa a interpretar polos alumnos do centro componse de pezas clásicas, populares e modernas. Así, os grupos de guitarras tocarán Michelle de The Beatles, Annie’s Song, de Jonh Denver e tres temas populares. O grupo de corda interpretará Tu gitana, de Luar na Lubre, e “Os Cañas” agasallarán ao público con Around It, de Jean Marc Allerme, interpretado por unha selección de instrumentos da familia de evento madeira. O grupo de acordeón tocará os temas populares Mi bella Lola, unha jota galega e Sómosche de Vilaxoán e a formación dos Peques interpretará a Obertura Te Deum, Los Pollitos e Frere Jacques. O grupo dos maiores animarán ao público co Jive for five, Marcha Cumbia e Rock Trap e o Coro Infantil e Xuvenil cantará as pezas Viva tutte le vezzose, Amazing Grace+Al ninnora; Hosanna do musical “Jesucristo Superstar”, de Andrew Lloyd Webber e Knockin’on Heaven’s door, de Bob Dylan.
Por último e como colofón ó concerto fin de curso subirán ao escenario os componentes da Junior Band e da Banda de Música de Vilagarcía para interpretar conjuntamente o Concertino de André Waignein; Dakota, de Jacob de Haan e Queen in Concert.
|