|
Pasarrúas do Apalpador, a tradicional figura propia do Nadal galego chega a Vilagarcía xunto ao seu compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e o seu burro Río Lor.
O programa ‘Nadal en Galego’ foi deseñado tamén para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia da Galiza e para que as e os máis novos poidan familiarizarse coa mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, 'O Apalpador' representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o bandullo das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas e desexos de ledicia e comida.
Esta é unha actividade patrocinada polo Servizo de Cultutra e Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.